Tuesday 23 de April de 2024

Laxe fomenta o Turismo co seu stand na 43ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia


• Laxe conta desde hoxe cun stand en Turexpo Galicia na Feira Internacional Semana Verde de Galicia en Silleda (Pontevedra)

No día de hoxe os concelleiros de Turismo Raquel Lema e o concelleiro de obras Eulogio Constantino, foron os encargados de inaugurar o stand que Laxe manterá aberto ata o peche da exposición este domingo día 5.

O alcalde Jose Luís, non puido asistir ao evento no día de hoxe debido a que tivo que atender á conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez nunha reunión que realizou esta mesma mañá para informar o rexedor, de que a Xunta de Galicia vai ha investir case 1.3 millóns de euros en transformar a planta de transferencia de residuos de Ponteceso, algo que segundo a conselleira beneficiará ao concello de Laxe.

O Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia Alfonso Rueda, foi o encargado co seu discurso de exaltar o eficiente que son estes eventos para fomentar o Turismo en Galicia, un evento que Laxe non quería perderse e no cal puxeron todo o seu empeño Raquel Lema e Eulogio Constantino que estiveron montando e acondicionando o stand para que todo estivese perfecto, para os centos de visitas cos que contaron xa hoxe mesmo, é o stand era tan rechamante que a secretaria Xeral de Turismo Nava Castro non dubidou en achegarse e comprobar de primeira man as excelencias de Laxe.

O alcalde ve nestes eventos unha gran oportunidade de dar a coñecer as marabillas que se poden gozar e coñecer en Laxe, empezando pola súa cultura, as súas tradicións , a amabilidade das súas xentes e a súa marabillosa gastronomía, lembra o rexedor que esta é unha feira pola que pasan miles de persoas do norte de Portugal e de toda a rexión Española e Laxe non podía faltar.